A Festa

A Festa Corsaria naceu no ano 2012 coma homenaxe á figura de Juan Gago de Mendoza. Na súa faceta mais corsaria, co transcurrir dos anos, a festa consolídase no panorama tradicional da vida marinense, que da a benvida a centos de visitantes que visitan esos día a nosa localidade.

É o Concello de Marín quen leva a xestión da mesma. Os marinenses convírtense en verdadeiros protagonistas e anfitrións da festa

Resaltar as vestimentas dos asistentes que dan un colorido especial ás comidas na rúa.

Bibliografía de Juan Gago de Mendoza

Un dos capitáns e galegos máis famosos durante a guerra marítima contra os ingleses a finais do século XVIII, contando con patente de corso do rei Carlos IV. Foi armador do barco Peregrina Brillante (herdado do seu irmán Bernardo) e do Carmen. Unha das súas bases estaba na Guarda, de vital importancia dado que os portugueses eran aliados dos ingleses.

O 22 de agosto de 1800 venceu en Aguete ás tropas inglesas que intentaban capturar á fragata Alcudia, correo do rei cun cargamento de prata que se dirixía aos almacéns do reino en Pontevedra, motivo polo cal o rei recompensouno coa medalla de prata ao mérito e o grao de capitán. Os días 26 e 27 do mesmo mes venceu aos piratas ingleses en Ferrol.

En 1801 construíu o pazo de Chirleu.

Na Guerra da Independencia española, contra as tropas francesas foi comandante das alarmas do Morrazo, liberando en abril de 1809 a vila de Marín. Participou na batalla de Ponte Sampaio e na reconquista de Vigo xunto a ás tropas de Cachamuíña.

© Web oficial Festa Corsaria Marin 2022

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies