Concurso de decoración e ambientación

Concurso de Ambientación e Decoración

BASES DO CONCURSO

Primeira. O Concello de Marín convoca o IV Concurso de Decoración e Ambientación,
actividade que se realizará dentro do programa de actos da VII Festa Corsaria.
Segunda. O obxectivo deste concurso é premiar o Establecemento hostalaría, e os Particulares,
que polo seu enxeño e ambientación corsaria, merezan a consideración do xurado, e así
incentivar a cidadanía marinense e os visitantes, á participación e á ambientación nos actos
organizados con motivo da Festa Corsaria.
Terceira. Todas as mesas para xantar ou cear na rúa e os locais de hostalaría, que queiran
participar, farano constar na solicitude de inscrición.
Cuarta. Tanto a temática como o deseño da decoración será acorde coa época corsaria.
No caso dos particulares valorarase a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade, así como
a vestimenta dos comensais.
Nos locais de hostalería valorarase a ambientación e decoración interior e exterior, zona de
terrazas e vestimenta.
Quinta. PREMIOS:
Premio 200,00 € para o local de hostalería gañador.
Premio 200,00 € para a mesa gañadora de particulares.
Dos Accesit 100,00 €
Sexta. O xurado do concurso estará composto por representantes de asociacións e colectivos
relacionados coa vida marinense.
Sétima. A decisión do xurado farase pública o sábado 18 de agosto ás 21:00h na propia Festa
Corsaria.
Oitava. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases
expostas.

DESCARGAR PDF COAS BASES DO CONCURSO

PREMIOS

CONCURSO DE ESCAPARATISMO

Local Gañador

200€
Para o local de hostalería gañador

Mesa Gañadora

200€
Para a mesa gañadora de particulares

Dos Accesit

100€
Dos Accesit
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

CONCURSO DE DECORACIÓN E AMBIENTACIÓN

© Web oficial Festa Corsaria Marin 2018

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies