Concurso de Fotografía en Instagram

Concurso de Fotografía en Instagram

BASES DO CONCURSO

1. Aspectos xerais: O Concurso de Fotografía da Festa Corsaria en Instagram pretende fomentar a festa a
través da fotografía.
As fotografías a concurso serán valoradas atendendo, principalmente, a tres criterios:
Estético: valorarase a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que singularicen e dignifiquen o
elemento fotografado.
Técnico: valoraranse aspectos puramente asociados á Festa Corsaria.
Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico como
forma de recoller e difundir o coñecemento da Festa Corsaria.
2. Temática: “Festa Corsaria 2018”. Calquer fotografía realizada os días da Festa Corsaria e colgadas
na plataforma de Instagram baixo a etiqueta #festacorsaria18
3. Condicións: Han de ser fotografías ou montaxes fotográficas actuais realizadas ex professo para o concurso.
4. Participantes e número de obras: poderá participar toda aquela persoa que o desexe sempre etiquetando as fotos con #festacorsaria18, se ben nunca recaerán dous premios no mesmo participante.
5. Premios: establécense 3 premios.
A obra gañadora recibirá un premio de 1 ano de suscripción a Spotify, o segundo premio será de 6 meses de suscripción a Spotify e o terceiro de 3 meses de suscripción a Spotify . Estas tres obras, xunto cunha selección das mellores fotografías ou daquelas que mellor transmitan os valores da festa serán colgadas na web e Facebook do Concello de Marín.
A entrega de premios realizarase no mes de setembro no concello de Marín, e a data precisa comunicarase polo menos con 10 días de antelación.
6. Prazo do concurso: do 17 de agosto ata o 18 de agosto de 2018.
7. Selección de obras,
Xurado e decisión:
o xurado encargado de seleccionar as obras gañadoras estará formado por tres mebros da comisión organizadora da FestaCorsaria

DESCARGAR PDF COAS BASES DO CONCURSO

PREMIOS

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA EN INSTAGRAM

Primeiro Premio

Suscripción a Spotify
12
12 meses de suscripción a Spotify Premium

Segundo Premio

Suscripción a Spotify
6
6 meses de suscripción a Spotify Premium

Terceiro Premio

Suscripción a Spotify
3
3 meses de suscripción a Spotify Premium

© Web oficial Festa Corsaria Marin 2018

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies