Concurso de Escaparatismo

Vota polo mellor escaparate da Festa Corsaria 2018

Para votar polo mellor escaparate da Festa Corsaria 2018 simplemente fai click sobre a imaxe do teu escaparate favorito (esta marcarase en azul) e presiona o botón Votar

¿Cal crees que é o mellor escaparate da Festa Corsaria?

Ampliado o prazo ata o 10 de agosto

Concurso de Escaparatismo
BASES DO CONCURSO

PRIMEIRA.- Co objeto de impulsa-la actividade comercial a través da dinamización dos escaparates dos establecementos comerciais ubicados no termo municipal, o Concello de Marín convoca o Concurso de Escaparates da Festa Corsaria 2018.

SEGUNDA.- Poderán participar todos os establecementos comerciais abertos ao público do municipio de Marín, calquera que sexa a súa actividade comercial.

TERCEIRA.- No deseño dos escaparates o establecmento deberá expoñer motivos acordes coa festa combinados cos artículos de venda orixinal.

CUARTA.- A inscrición será gratuita e efectuaráse a través do formulario dispoñíble na web municipal (www.concellodemarin.es).
Prazo de inscrición: do 19 o 27 de Xulio
As solicitudes presentadas fóra de prazo non serán admitidas.

QUINTA.- Os escaparates que participen estarán expostos desde o día 29 de xullo e non poderán variarse ata o 20 de agosto.

SEXTA.- Os comerciantes deberán remitir a fotografía do seu escaparate ao correo electrónico cultura@concellodemarin.es para exhibila na web e Facebook municipal e que poida ser votada polo público antes de día 1 de agosto.

SÉTIMA.- O xurado popular do Concurso de Escaparates estará constituido polas persoas que emitan o seu voto a través da páxina web do Concello. O fallo do xurado será inapelable.

OITAVA.- O xurado valorará a creatividade e orixinalidade, deseño e harmonía, exposición do produto e atracción do escaparate.

NOVENA.- Establécense tres premios dotados coas seguintes cantidades:
Primeiro premio: 300,00 €
Segundo premio: 200,00 €
Terceiro premio: 150,00 €

DÉCIMA.- A participación no concurso leva implícita a aceptación íntegra destas bases.

DESCARGAR PDF COAS BASES DO CONCURSO

PREMIOS

CONCURSO DE ESCAPARATISMO

Primeiro Premio

300€

Segundo Premio

200€

Terceiro Premio

150€

© Web oficial Festa Corsaria Marin 2018

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies